22 Xan 2025, Mér

V Asemblea Internacional polo Decrecemento

Faladoiro Movemento Decrecentista

A Rede para o Decrecemento está participando na V Asemblea Internacional polo Decrecemento que se está celebrando desde este 17 de Xuño en Pontevedra, na “Primavera do Decrecemento”.

A Primavera do Decrecemento é un ciclo de charlas e obradoiros dirixidas á cidadanía organizado no marco da Conferencia ESEE-Decrecemento 2024, que se celebrará durante os meses de abril, maio e xuño na cidade de Pontevedra. Está promovido polo grupo Post-Growth Innovation Lab co apoio da Universidade de Vigo e o Concello de Pontevedra, e conta coa colaboración e participación de diferentes persoas e organizacións galegas e nacionais. 

Organizarase unha actividade cada semana na que se falará e debaterá, dende o prisma do poscrecemento/decrecemento, sobre diferentes temas de interese social coma o traballo, a vivenda, o sistema bancario ou o ecoloxismo.

https://esee-degrowth2024.uvigo.gal/gl/beyond-the-conference/primavera-decrecemento/

Faladoiro Movemento Decrecentista
Faladoiro Movemento Decrecentista
  • Cando: Mércores 19 de xuño 2024, 17.00h
  • Onde: Pazo Mugartegui. Paza da Pedreira, Pontevedra
  • Quen: Hans Eickhoff  (Rede para o Decrescimento de Portugal) e Miguel Anxo Abraira (fundador e Presidente da Rede polo Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo)
  • Modera: David Esperón Fontán (xunta directiva da Rede polo Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo)

A actividade desenvolverase en galego, portugués e español