A Rede para o Decrecemento é unha das organización asinantes do manifesto en “Defensa dos Mercados de Alimentos de Próximidade“
Nós, as labregas e labregos que damos vida aos mercados de proximidade na Galiza, diante da prohibición de poder exercer a nosa función como fornecedores de alimentos para a sociedade por mor das restricións impostas para enfrontar a pandemia do Covid-19, queremos manifestar:
- A nosa consternación ao ver como se nos discrimina, unha vez máis, en favor das grandes superficies comerciais, á hora de garantir o acceso en tempo de crise a un ben esencial como a alimentación.
- A nosa perplexidade, cando constatamos a diferenza de criterios entre administracións, con comunidades autónomas que autorizan expresamente os mercados de proximidade e outras, como a galega, que os prohiben; con concellos que regulan esta venda directa en tempo de crise e outros que a clausuran sen máis.
- O noso convencemento de que os nosos alimentos e os nosos mercados, aplicando as normas establecidas polas autoridades sanitarias para evitar a transmisión do Covid-19 e o agravamento da pandemia, son máis seguros nas actuais circunstancias por celebrarse ao aire libre ou en espazos amplos como prazas de abastos, por non haber intermediarios entre a produción e o consumo final, por non xerar aglomeracións humanas, e por termos, porque así nolo esixe a normativa, unha mellor e máis completa formación en cuestións hixiénico-sanitarias que a maioría do persoal que traballa en grandes superficies comerciais. Ademais os mercados alimentarios de proximidade teñen unha maior capacidade de garantir o subministro de alimentos frescos ao non depender de estruturas centralizadas e vulnerables. Pensamos que obstaculizar a produción alimentaria local e a súa comercialización nunha crise como a que estamos a vivir é un crime e un suicidio.
- A nosa indefensión porque, sendo sector primario, se nos priva de exercer a nosa principal actividade económica sen ningún tipo de compensación ou alternativa que mitigue o grave deterioro financeiro que sufriremos nas vindeiras semanas. Nese sentido, botamos de menos medidas que se poderían impulsar dende as administracións, como a compra pública de alimentos para que os servizos sociais os inclúan na distribución de cestas de alimentos ás familias que os precisen, ou mesmo incorporar os nosos medios e experiencia no reparto domiciliario de cestas de produtos.
- A nosa impotencia porque a maior parte dos alimentos que producimos son frescos e sans e, polo tanto, neles non empregamos conservantes químicos ou refrixeración para atrasar o seu deterioro, como si fará a agricultura industrial para poder vendelos cando se levanten as restricións.
APOIAN ESTE MANIFESTO:
A Eira do Colexio de Educadores e Educadores Sociais de Galicia (CEESG)
A Horta de Ana
A Terra Non Se Vende
Amarelante SCG
Amig@s da Terra
Asociación Ambiental Senda Nova
Asociación AVOAR
Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga – Cabreiros, Xermade
Asociación Abeiro pola Protección Animal
Asociación Agroecolóxica Galega A Cortiña
Asociación Cultural Roi Vicente
Asociación Cultural Tanque de Zinc
Asociación de empregadas de fogar XIARA
Asociación de Produtoras de Horta de Ribadeo A Sucadoira
Asociación do Mercado de Alimento Labrego de Teo
Asociación Galega de Apicultura (AGA)
Asociación Larlilás
Asociación Lentura
Asociación Mercado da Terra (Lugo)
Asociación Millo Miúdo (Oleiros)
Asociación O Xaramelo (Meis)
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos
Asociación Raíces do Lusco
Asociación Vacaloura Santuario Animal
Asociación Víctimas de la Justicia
Asociación Xaruma
Asociación 4ponlas (Pontevedra)
CDR Portas Abertas
Centro Social A Gentalha do Pichel (Compostela)
Centro Social Madia Leva (Lugo)
Centro Social O Fuscalho (A Guarda)
Centro social O Quilombo (Pontevedra)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Colectivo Feminista das Pontes
Cooperativa Tres Cadires
CultRural Santiago
DAQUIDARREDOR
DEÍXATE LEVAR
Ecoloxistas en Acción de Galiza
Enxeñería sen FronteirasEsCuA
Federación Rural Galega (Fruga)
Feitoria Verde S. Coop. Galega
Fundação Montescola
Fundación Galicia Verde
Granxas de Lousada sc
Greenpeace
Grupo de Consumo Agrelar (Allariz)
Grupo de Consumo Semente (Ourense)
Grupo de Consumo Xurumelxs (Ourense)
Grupo de investigación de Bioeconomía (Economía dos Recursos Naturais e do Medio Ambiente) da USC
Grupo de investigación en agronomía AGRONOMÍA (USC)
Grupo de Investigación en Construción Sustentable para o Medio Rural e Natural COSMERUN (USC)
Grupo de Investigación en Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social ECOAGRASOC (USC)
Grupo de Investigación Galabra en Estudos Culturais GALABRA (USC)
Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio GESPIC (USC)
Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX HISTAGRA (USC)
Grupo de Investigación da Agricultura Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo
Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental SEPA-Interea
Horta Casa Barral
Horta de sempre
Labrecos
Laboratorio do Territorio LABORATE (USC)
Lareira da Alén, clube gastronómico
MAISDETRES
Marcha Mundial das Mulleres Galiza
Movemento Ecoloxista da Limia (MEL)
Movemento Veciñal Estradense – Móvete –
Nais polo Clima
Non é o Mesmo (Compostela)
Nós, galeguistas
Organización Galega de Comunidades de Comunidades de Montes (ORGACCMM)
Peripeciencia
Plataforma Auga Limpa Xa!
Plataforma Casalonga Limpa de Resíduos
Proxecto Resclima
Rede de Consumo O Careón (Melide)
Rede de Colectivos A RÍA NON SE VENDE
Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza o Bierzo
Rede Revolta de Agroecoloxía e Historia
Salvemos Catasós
Salvemos Monteferro
Sindicato Labrego Galego (SLG)
Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
SPG A Gavela
Sustinea
Verdegaia
Véspera de Nada