Un ano máis a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo vai facer diversos actos durante o mes de xaneiro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL POLO DECRECEMENTO ( https://gl.wikipedia.org/wiki/Decrecemento ) que se conmemora todos os 12 de xaneiro co gallo do nacemento de Serge Latouche, que é o economista e filósofo francés nacido no 1940 considerado o precursor da teoría do Decrecemento (https://pt.wikipedia.org/wiki/Serge_Latouche).
O Decrecemento é unha proposta económica, social e política que defende cas diversas actividades humanas deben estar dentro dos límites físicos e medio-ambientais do territorio no que se desenvolven a vez que compatibles, respectuosa e en harmonía cos demais seres vivos que habitan ese territorio.
Desde a Rede para o Decrecemento defendemos esta proposta por dúas cousas fundamentais:
- A primeira é a que ten que ver co medio-ambiente máis concretamente a mudanza climática. Sucesos como os vividos neste ano en Valencia no cal houbo centos de mortos están a ser máis frecuentes e violentos por causa da mudanza climática. Desde a Rede avogamos por non dar a batalla por perdida de cara a non superar unha suba global de 2ºC con respectos as temperaturas pre-industriais a vez que iniciamos procesos de adaptación. Unha suba superior aos 4ºC podería ser unha auténtica catástrofe para os 3 territorios (Eo-Navia, Galiza e O Bierzo) xa que pode supoñer a paralización da corrente mariña do Golfo de México o que faría que a temperatura descendese drasticamente o que significaría un clima similar ao do Canada.
- A segunda razón son os límites físicos do planeta nomeadamente no referido as fontes enerxéticas e aos materiais precisos para obter enerxía de fontes renovables. Segundo a Axencia Internacional da Enerxía o pico do petróleo convencional xa se superou hai máis de 19 anos e 6 anos desde que a producción do cru máis condensado chegou ao seu máximo, 84,6 millóns de barrís diarios (Mb/d) en novembro de 2018, e desde esa data veñen caendo a razón dun 3,5% anual. (Fonte Antonio Turiel https://crashoil.blogspot.com/2024/12/world-energy-outlook-2024-pasando-los.html ). Dentro dos límites físicos tamén temos que citar a escaseza mundial das terrar raras que son todos eses elementos de escasa presencia no planeta moi diluídos no manto da terra e que son imprescindibles para todo o que ten que ver coas enerxías renovables e a tecnoloxía (lantano (La), cerio (Ce), praseodimio (Pr), neodimio (Nd), prometio (Pm), samario (Sm), europio (Eu), gadolinio (Gd), terbio (Tb), disprosio (Dy), holmio (Ho), erbio (Er), tulio (Tm), iterbio (Yb), lutecio (Lu), escandio (Sc) e itrio (Y).
Neste ano 2025 desde a Rede queremos poñer o acento na necesidade de reducir os consumos enerxéticos e de materiais para camiñar de xeito programado cara sociedades en equilibrio co medio e cos recursos do territorio. As fontes enerxéticas renovables non poden converterse nunha fonte enerxética máis que permita o incremento dos consumos enerxéticos e de materiais globais tal e como esta sucedendo. A dependencia que a enerxía renovable ten de recursos escasos a vez das fortes agresións medio-ambientais que se producen para obter os materiais precisos e facer as instalacións precisas debería levarnos a asumir que é unha barbarie que ao final estás teñan a finalidade de incrementar os consumos enerxéticos globais na contra de os reducir cando menos os de orixe fósil.
Queremos aproveitar este documento de conmemoración do DIA INTERNACIONAL POLO DECRECEMENTO do ano 2025 para alertar sobre dous aspectos que debían ser de grande preocupación para o conxunto da sociedade dos 3 territorios pero sobre todo para as organizacións ecoloxistas e forza políticas:
- A primeira ten que ver cos cambios de microclima que se detectaron en China na instalación de grandes aero-xeneradores. Estamos a falar cos cambios do microclima detectados na instalación dun aero-xenerador piloto de 130 metros de alto, un rotor de 270 m de diámetro e unha potencia 15 Mw pola empresa local Sany Renewable Energy. A falta de estudos das máis que posibles modificacións do microclima que se poden estar producindo nos nosos territorios (Eo-Navia, Galiza e O Bierzo) por causa de convertelos nun monocultivo de muíños debería ser unha preocupación das administracións pero sobre todo das organizacións sociais que defende a nosa terra.
- A segunda ten ver coa fonda preocupación que nos saltou ao ser coñecedores que a empresa Iber American Lithium ten posto a ollada no potencial de Galiza e o norte de Portugal para converter este territorio no principal foco europeo de producción de litio. A compañía con sede en Canadá fíxose, a finais do ano pasado, co 100% dos dereitos dos xacementos de Alberta II e Carlota (Concello de Avión) e considera que Galiza e o norte de Portugal forman parte do que define como o lithium belt (cinto de litio). A explotación deste litio produciría danos irreparables ao territorio, sociedade e mesmo a economía de Galiza.
Non queremos rematar este comunicado sen volver insistir no perigoso que é xuntar o cambio climático co monocultivo incontrolado do eucalipto. O ascenso continuo das temperaturas van provocar que os días nos que se vai dar a regra dos tres 30 se dea con máis frecuencia e durante máis días continuos. Estamos a falar de que ao mesmo tempo se dea menos do 30% de humidade relativa do aire, altas temperaturas máximas (+ 30ºC) acompañado estes dous factores con ventos constantes de 30 km/h ou superiores. Cando sucede este evento meteorolóxico, os incendios son imparables, nun territorio como o galego, moito mais, por atoparse abandonado e inzado de monocultivo de eucalipto, xustamente na costa que é onde máis persoas vivimos. Cando os incendios se dan nestas condicións o lumes, nas masas arbóreas de eucaliptos, non só avanzan a ras de terra senón tamén polas copas e a grande velocidade. Isto convérteos en imparables. Cando se dá esta situación o perigo para as vivendas, os animais e as persoas e altísimo. Temos ven cerca o caso que se deu no 2017 en Pedrógão Grande Portugal e no que houbo máis de 60 falecidos.
Entendemos desde a Rede para o Decrecemento que os nosos territorios non precisa máis eucaliptos nin máis empresas cos exploten. Precisamos asumir a nova realidade medioambiental e deixar de poñer en perigo as nosas vidas. Son centos os autobuses públicos incluídos os escolares que circulan a diario por estradas estreitas e con eucaliptos plantados até nas cunetas Precisamos vías seguras e protocolos de actuación que eviten situacións perigosas, perdas económicas e desgrazas persoais. Precisamos que todas as administracións fagan cumprir a distancia mínima de plantacións forestais as distintos vías do Estado, Xunta, provinciais e locais.
Antes ou despois imos ter incendios coincidindo coa regra dos tres 30 e vai suceder a desgraza. Desde a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo instamos a todas as forzas políticas e velar pola nosa seguridade de non ser así serán culpables morais da desgraza.