Por moito que o neguen os negacionistas e por moito que sexa non tido en consideración polos non negacionista pasivos o cambio climático existe e ben que existe. A extrema violencia da DINA de Valencia é un claro exemplo. É dicimos extrema violencia por que o cambio climático manifestase principalmente con incremento da gravidade e aumento da frecuencia de climatoloxía extrema.
No noso territorio a climatoloxía extrema produto do cambio climático vense manifestando con cicloxéneses explosivas, con maiores e máis reiteradas fortes precipitacións de chuvia e con períodos de seca como o que levaron a cidade de Vigo a racionar a auga en anos recentes.
As previsións que se fan de posibles eventos extremos, para o nosos territorios ,van desde o máis radical que sería a paralización do corrente marítima do Golfo de México (pouco ou nada probable a corto prazo) que nos levaría a ter un clima similar ao de Canada de xeito permanente, a aparición do fenómeno de furacáns no Atlántico (bastante probable a curto prazo) que afectaría de cheo a Galiza, o Eo-Navia e ao Bierzo, as cicloxéneses explosivas e os períodos de seca extrema (xa se están dando) entre outros.
Son nestes períodos extremos de seca os que poden provocar que os días da regra dos tres 30 se dea con máis frecuencia e durante máis días continuos. Estamos a falar de que ao mesmo tempo se dea menos do 30% de humidade relativa do aire, altas temperaturas máximas (+ 30ºC) acompañado estes dous factores con ventos constantes de 30 km/h ou superiores. Cando sucede este evento climático, os incendios son imparables, nun territorio como o galego, moito mais, por atoparse abandonado e inzado de monocultivo de eucalipto, xustamente na costa que é onde máis persoas vivimos. Cando os incendios se dan nestas condicións o lumes, nas masas arbóreas de eucaliptos, non só avanzan a ras de terra senón tamén polas copas e a grande velocidade. Isto convérteos en imparables. Cando se dá esta situación o perigo para as vivendas, os animais e as persoas e altísimo. Temos ven cerca o caso que se deu no 2017 en Pedrógão Grande Portugal e no que houbo máis de 60 falecidos. Este é un dos motivos polos que a sociedade portuguesa ten aberto o debate sobre o eucalipto e non lle deixan a ALTRI instalar o seu proxecto en Portugal.
O noso territorio non precisa máis eucaliptos nin máis empresas que os exploten. Precisamos asumir a nova realidade medioambiental e deixar de poñer en perigo as nosas vidas. Son centos os autobuses públicos incluídos os escolares que circulan a diario por estradas estreitas e con eucaliptos plantados ate nas cunetas Precisamos vías seguras e protocolos de actuación que eviten situacións perigosas, perdas económicas e desgrazas persoais. Precisamos que todas as administracións fagan cumprir a distancia mínima de plantacións forestais as distintos vías do Estado, Xunta, provinciais e locais.
Antes ou despois imos ter incendios coincidindo coa regra dos tres 30 e vai suceder a desgraza. Desde a Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo instamos a todas as forzas políticas e velar pola nosa seguridade. Cando se dea a desgraza de grandes perdas económicas e persoais, non ter feito nada, incumprir a lei ou favorecer as situacións de perigo extremo pode e debe ser motivo de apertura de dilixencias por homicidio imprudente e/ou involuntario para os responsables políticos que permiten/favorecen as plantacións de eucalipto sen control ningún, pero outro tanto debe sucederlle aos propios propietarios das fincas por non cumprir coa lei de distanciamento nas plantacións ou por facer estas ilegalmente.
Levantar a moratoria nas plantacións de eucaliptos para favorecer unha empresa particular que pouco ou ningunha riqueza vai xerar en Galiza non só é un despropósito ambiental senón que tamén pode ser a antesala dunha traxedia nacional.
POLA NOSA SEGURIDADE:
¡REDUCCIÓN MONO-CULTIVO EUCALIPTO XA!
¡ALTRI NON!