22 Xan 2025, Mér

“Decrecemento coa Vida no centro” na Burla Verde 2024

Encontro Burla Verde 2024

A Rede para o Decrecemento participau no encontro reivindicativo Burla Verde 2024 que se celebrou no Courel o pasado sábado 15 de xuño, cunha palestra na que estivo presente Begoña de Bernardo Miño, titulada “Decrecemento coa Vida no centro“, á que asistiron unhas 40 persoas, que compartiron as súas reflexións en torno ao Decrecemento e ás consecuencias do esgotamento de recursos e de chegada aos límites do crecemento.

Ao encontro acudiron colectivas de toda Galiza en defensa do territorio e contra os proxectos de expolio e neocolonialismo depredador. Houbo tempo para a reflexión, para o encontro e o recoñecemento, e máis tamén para a festa, nun lugar acolledor e cunha organización agarimosa que nos coidou, nunha terra profundamente fermosa.